Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

José Marcial, de Doade, imponse no concurso de conducción de tractores de Feiradeza

Os concursos de xatas e xovencas e o de xóvenes manexadores centran a segunda jornada do certame gandeiro lalinense

A xuíza Marine Lambot observa os animais participantes nunha das seccións. | // BERNABÉ/JAVIER LALÍN

Os concursos de xatas e xovencas, de xóvenes manexadores ou un novidoso de habilidade de tractores antigos centraron a segunda xornada do certame de gando frisón Feiradeza de Lalín, que se leva a cabo por primeira vez no multiusos municipal. No primeiro día entregáronse os premios do I Concurso de Xóvenes Preparadores, no que se impuxo Lorena Rodríguez Alvite (A Pastoriza), con Lorena Iglesias –da mesma localidade lucense– en segunda posición e a mención de honra foi para o rodeirense Xabi Montes.

Concurso de tractores. |   //  BERNABÉ/JAVIER LALÍN

Concurso de tractores. | // BERNABÉ/JAVIER LALÍN Alfonso Loño

Co gando no recinto do mercado situado á beira do Arena, comezaron os concursos de xatas e xovencas nas distintas categorías e xa pola tarde, na explanada do recinto feiral, os participantes no concurso de habilidade de tractores completaron as probas. Unha mostra de maquinaria antiga aderezou a actividade e despertou o interese de moitos dos presentes que pasaron pola 36ª edición deste certame de gando frisón. Para a fase final, entre un total de 15 inscritos, pasaron cinco conductores e o gañador foi José Marcial (veciño da parroquia lalinense de Doade), que cedeu o premio: un xamón, ao segundo clasificado, Brais Areán, natural de Moneixas. En terceira posición quedou Damián Cundíns e Álvaro Fernández e David García completaron os elenco dos mellores conductores. Os participantes tiñan que facer manobras de habilidade sorteando conos e outros obstáculos.

O ansiado relevo xeracional no agro semella garantido. | // BERNABÉ/JAVIER LALÍN

Rato, de Rodeiro

O exemplar Rey 977 Chief Genesis, da gandeiría Rey de Miñotelo (A Pastoriza), foi proclamada xata Gran Campiona no XXIX Concurso Autonómico que tivo a Martine Lambot como xuiza. Mentras tanto, Baroncelle Snob Sabrina, da gandeiría Rato de Rodeiro, foi valorada como a mellor das xovencas presentes neste certame.

Lambot, Xuíza Internacional de AWE, tamén foi a responsable de anunciar os gañadores dos concursos de manexadores. Os participantes saltaron a pista en catro categorías distintas en función da súa idade.

O multuisos abrirá hoxe as súas portas a partir das 10.00 da mañá para os concursos autonómicos, entre eles, a elección da vaca gran campiona. Xa pola tarde (16.00) está prevista unha poxa de frisonas coa presenza duns 30 animais. Nesta edición de Feiradeza, con récord de participación, son 26 as gandeirías participantes e 175 os exemplares de alto nivel xenético presentes.

Compartir el artículo

stats