Suscríbete

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

A queixa dos veciños de San Martiño de Lalín por ser suprimida como parroquia no proxecto de 1888

No escrito, indican as molestias que supoñía a feria para escoitar misa na capela, ou o aforo xa suficiente que tiñan ambos templos

Ao fondo, a antiga capela da Virxe das Dores na actual Praza de Loriga, fotografada por Ramón Aller Ulloa desde a galería da casa familia, hoxe museo. A imaxe procede dunha placa dos fondos do museo.

Ao fondo, a antiga capela da Virxe das Dores na actual Praza de Loriga, fotografada por Ramón Aller Ulloa desde a galería da casa familia, hoxe museo. A imaxe procede dunha placa dos fondos do museo.

O 4 de marzo de 1890, o veciños de San Martiño de Lalín elevaron as súa queixas ao bispo da diocese de Lugo por querer suprimir esta parroquia e ser erixida a da Nosa Señora das Dores. O proxecto, presentado con data de 25 de Diciembre de 1888, estipulaba o seguinte: “El presente proyecto de arreglo suprime las iglesias de Donramiro y Lalín, erigiendo en Iglesia parroquial la Ermita sita en el centro de la Villa de Lalin. Al tomar éste acuerdo la Comisión, tuvo en cuenta que la mayor parte de los lugares que comprenden ambas parroquias distan de la Villa menos de un kilometro; y que las dichas Iglesias estan también distantes de la mencionada Ermita menos de un kilometro”. Deste xeito, erixíase en matriz Sta. María de los Dolores de Lalín, formada por Alfonselle, Agruchave, Carballeira, Carragoso de Abaixo, Corredoira, Feás, Filgueiroa, García-Sánchez, Igrexa, Lagazós, Lalín, Outeiriño, Penela, Pontillón, Portaceiro, Reboredo, Regueiriño, Río, Trascastro, Vila de Lalín. Algúns destes lugares procedían da antiga parroquia de San Cristovo da Pena, xa que así o solicitaran os mesmos por mor da menor distancia que existía ao templo de Lalín [o borrador de 1888 poderá consultarse no volume do Descubrindo 14, baixo o título de Proxecto do arranxo parroquial do Arciprestado de Deza de 1888-1889 (previo ao definitivo de 1891)].

No ano 1891, baixo o episcopado do leonés Frei Gregorio María Aguirre García (Bispo de Lugo dende 1885 a 1894) produciuse o Arranxo Parroquial previsto polo Concordato de 1851. Despois de varios proxectos e a pesar da oposición dos veciños, finalmente en dito arranxo foi suprimida Lalín de Arriba, que deixou de ser parroquia en favor da recentemente creada Lalín.

De seguido reproducimos o documento de queixa presentado polos veciños de San Martiño de Lalín ao Bispo de Lugo, e que se atopa no Arquivo Diocesano de Lugo (Fondo General, Sin clasificar, Arreglo Parroquial III, Caja 2, Solicitudes, Deza, d. 1-22):

“Ilmo. y Reverendisimo Señor Obispo de Lugo.

Los que suscriben, por si, y en nombre de los que no saben firmar vecinos de la parroquia de San Martín de Lalín Arciprestazgo de Deza, atenta y sumisamente, acuden á V. I. y R. en demanda de la cosa más justa que puede imaginarse. Estraoficialmente ha llegado a su noticia que la Iglesia parroquial mencionada está suprimida como tal parroquial agregando la población que hoy constituye la parroquia a la Capilla de la advocación de los Dolores, recientemente edificada en la Capital del partido convertiendo al efecto dicha capilla en parroquial, según informes de los encargados por VI. Y R. Para practicar el arreglo. En estas cosas parecía muy regular como que son de grave trascendencia, que nunca se atendiere a miras particulares y solo al bien publico en general. Con la determinación espresada, a ser cierta, resulta todo lo contrario puesto que todos los vecinos de los lugares que ya están a larga distancia de la parroquial, tienen que sufrir el perjuicio de ir a oir misa aun á mayor distancia, siendo unicamente favorecidos solamente los de la llamada Villa de Lalín con semejante determinación. Hay otro inconveniente muy grande para desistir de dicho proyecto y es que en la Iglesia de San Martin solamente los parroquianos, como no es de mucha estensión, bastan para ocuparla, sin los de la Villa, que estos casi todos la oyen en su Capilla, y como esta constituye mucho numero de almas, y ademas la mucha concurrencia de forasteros, solo con esta se halla repleta, que tiene la gente muchos dias festivos que estan fuera a la inclemencia del temporal a la distancia de veinte varas, y ¿a donde llegará reunida tambien la de la Iglesia de Lalin? Otro obstáculo nada pequeño para oir devotamente la misa es el estar situada la espresada capilla en medio de una feria publica que se celebra dos veces al mes rodeada de tiendas y tabernas, en donde los oidos de los que estan a la misa u otro ejercicio con devoción, no pueden por menos de ser gravemente heridos con las blasfemias, juramentos y palabras obscenas vertidas por los que estan de la parte de afuera, y por la pilleria que siempre se aglomera para sus diversiones junto a la Capilla. Todo es asi que el mismo Señor y egemplar Ecónomo que hoy sirve dignamente estas Iglesias, predicando, no una sola vez aconsejó a los recurrentes a que no fuesen oir misa a la Capilla de Lalín, que el no daba ni un perro chico por la misa que allí ivan a oir.

Suplicandole: que por mientras no se edifique un templo ó Iglesia nuevo en punto adecuado para que los fieles puedan concurrir á dar el devido culto a Dios sin los inconvenientes indicados, se sirva V. S. I. y R. no permitir quede inhabilitado para dicho culto el que nos obliga a recurrir por segunda vez a la clemencia de V. S. I. y R.; rogando tenga presente lo que mas estensamente se esponia en la instancia presentada antes de ahora, a la que se remiten.

San Martin de Lalin

Marzo 4 de 1890”

Entre os motivos que se expoñen para rexeitar a supresión de San Mariño como parroquia atópanse:

1.- Que xa hai veciños que se atopan lonxe da igrexa de San Martiño, polo que se esta deixa de ser parroquia e teñen que ir á capela de Lalín, a distancia seralles maior. Só se verían favorecidos os da vila.

2.- A igrexa de San Martiño, polas súas dimensións, xa se enche coa xente que acode á misa sen contar cos da vila, que acoden á capela e tamén a enchen ata ter que quedar veciños fóra. Se todos teñen que ir á capela de Lalín, onde se resgardarán?

3.- Arredor da capela de Lalín, na plaza da Torre, celébranse dúas feiras mensuais, algo que atrae a pillería e as palabras obscenas e os xuramentos, molestando á xente que devotamente está escoitando a misa. A xuízo do crego, unha misa dita e escoitada nese ambiente non vale nin un “perro chico”.

Suprimida en 1891

Malia as protestas, no 1891 a igrexa parroquial de San Martiño de Lalín de Arriba quedaría suprimida como tal en favor da nova parroquia da Nosa Señora das Dores de Lalín. Anos despois, vendo que o espazo da antiga capela era insuficiente, sacáronse a poxa as obras da primeira sección do templo parroquial de Lalín (Boletín Oficial do Bispado de Lugo, 14-xaneiro-1901), que sería inaugurado o 19 de marzo de 1919, sendo párroco Don. José María López Castro [sobre este particular pódese obter máis información lendo o artigo de Antonio Vidal Neira Cuándo y cómo se construyó la iglesia de Lalín (https://historiadeza.wordpress.com/2016/04/26/cuando-y-como-se-construyo-la-iglesia-de-lalin/)].

Compartir el artículo

stats