O Concello de Lalín renderá hoxe homenaxe a José Otero Abeledo, Laxeiro, no seu 25 cabodano cunha exposición selecta das súas obras, a presentación dos cabezudos inspirados no seu cadro “A familia da Romea”, unha ofrenda floral na súa tumba e cun concerto. Os actos dará comezo ás 12.00 horas no Museo Municipal Ramón Aller coa apertura dunha mostras con obras seleccionadas de Laxeiro. Despois, Luchi Iglesias presentará Os Cabezudos de Laxeiro, Plácido Rozas tocará unha peza para dar paso ás intervencións de Begoña Blanco, concelleira de Cultura, Luchi Iglesias, Antón Castro e Antón Lamazares. Despois, ás 13.00 horas, os actos trasladaranse ao Cemiterio da Romea cunha ofrenda floral no panteón familiar e as intervencións de Luis González Tosar, Carlo García-Suárez Otero, Manuel Quintana, Anxo Lorenzo y Miguel Santalices. O gaiteiro Plácido Rozas tocará a Muiñeira de Laxeiro e, por último, o Ensemble Laxeiro pechará o solemne acto cunha actuación baixo a dirección do seu titular, David Fiuza.