Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

Ao pe do farelo

Vacinas indecentes

Nos tempos pasados e esquecidos da miña nenez recordo con agarimo aquelas películas , moitas en branco e negro de sesión continua na matiné dos domingos e días santos, nas que o espírito de sacrificio e os valores e conceptos cargados e edulcorados cunha mais que xenerosa carga de moraliña ía calando en nos, futuros homes do maña que teriamos que defender aqueles valores de; servicio e sacrificio como dicía o meu pai, entrega en corpo e alma as boas causas, a xenerosidade, o respecto os maiores, a solidariedade, etc.

Nós tiñamos claro e iamos aprendendo xunto co vaso quente de Colacao e o prato de galletas María con chocolate Elgorriaga da merenda que en caso de naufraxio as mulleres e os nenos primeiro e o capitán co seu barco ata afundirse nas augas frías do océano.Nos aprendían do valor dos heroes, que entregaban felices a súas vidas para salvar e que puideran vivir centos, milleiros de persoas anónimas e morrer coas botas postas.

Aquelas mensaxes sen dúbida olladas coa perspectiva actualde hoxe en día produce hilaridade, pola súa puerilidade e simpleza sobre todo nos nosos días de pandemia e virus, nos que día si e día tamén nos toca comprobar espantados a indecencia dos que nos representan, a absoluta falla de moralidade e ausencia de honorabilidade dos nosos políticos e representantes públicos, os que aparte de seren mestres na mentira e o engano, se perden ata afundirse no lixo da súa propia carencia de honestidade o seu exemplo nas estúpidas escusas que buscan e coas que nos tratan coma idiotas, nun trileiro exercicio de ruindade que atenta contra a máis ínfima intelixencia.

O que estamos a ver co baile das vacinas resulta xa a pinga que reboza o vaso da inmoralidade de algúns e as explicacións e xustificación un autentico insulto e despréceo ao sentido común, por certo para eles o menos común dos sentidos.

Estes persoeiros dunha ínfima categoría persoal e moral e un absoluto desprezo os demais defenden con capa e espada que eles primeiro e os demais que lles dean, vamos que aquilo de “Salvase o que poida”, resulta a súa máxima e tonto o ultimo o santo e seña da súa actuación neste mundo.

Mal imos e peor aínda imos ir cando estes, non quero cualificaralos se non de indecentes egoístas, resultan estár investidos pola nosa confianza, para representarnos a nos todos como sociedade, e aquí xa non hai cores, nin siglas de partido nin farrapo de gaitas, tan so hai medo, moito medo e un inmenso egoísmo, repito indecente e inmoral, claro que dubido moito que estes elementos saiban ou tan sequera escoitaran na súa nenez falar deste valores que nos fan diferentes das outras especies, din que irracionais.

Quen me dera. Xa o dito aquel; ¡¡¡Mi Reino con una vacuna!!! Ben seguro que non foi así pero aí queda.

Compartir el artículo

stats