Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

Traxectoria vital e laboral forxada durante 60 anos de emigración

Coma a de tantos outros galegos da súa xeración, a vida deste lalinense nado en Agruchave en 1934 pasou pola procura dun porvir ao outro lado do Océano Atlántico. Logo de cursar Bachiller no chamado Hospitalillo de Lalín, con 23 anos partiu cara a Venezuela, deixando aquí muller e fillo, que se lle unirían tempo despois. José montou en Caracas unha compañía de fabricación de aire acondicionado que chegou a dar traballo a medio cento de persoas, incluidos varios enxeñeiros. Alá naceron os outros tres vástagos, as dúas mulleres regresaron con el para Lalín hai tres anos e os dous varóns residente en Cleveland, no estado norteamericano de Ohio, e en Valencia, respectivamente.

Aínda que deixou unha casona en Caracas, ao cargo dun familiar, e un galpón de 800 metros cadrados con valiosa maquinaria industrial, José González non conta volver á que foi a súa patria de adopción. "Teño xente que me está comprando as propiedades, pero non é época de vender, porque aquilo está moi mal", lamenta un de tantos que fixeron vida e fortuna nunha terra á que ven nunha situación que nunca concebiran.

Compartir el artículo

stats