O proceso de licitación para construir o viveiro de empresas de Área 33 rematou este mércores, coa presentación de catro ofertas. A obra saliu a concurso por procedemento aberto e tramitación urxente, cun orzamento base de licitación de 394.085 euros. O Concello de Silleda promove esta obra, moi agardad e a única das súas características que aprobou a Xunta para a provincia, concedendo un máximo subvencionable de 240.000 euros. O resto de investimento cubrirase con fondos municipais.

Os traballos comezarán en xullo. O novo edificio integrarase coa nave municipal sita na parcela, tamén municipal, xunto á rotonda do parque empresarial. Servirá como sede para novas empresas tecnolóxicas ou de servizos.