Os Atranques Escolares de onte contaron tamén con sesións de regueifa a cargo do instituto Marco do Camballón, que ofreceu ademais un pase de Mouros e Xenerais. Os alumnos de Merza colaboraron tamén con parranda e un pase de Xenerais. Varios destes alumnos tomarán parte activa no programa de Entroido cruceño, que arranca este domingo en Merza. Ás 15.00 horas arranca o desfile e o Alto será ás 17.00 horas. OsVeteranos de Merza amenizan a xornada, na que se sorteará un porco e haberá premios ás mellores carrozas, grupos e indivuais.

No casco urbán de Cruces o desfile será o 5 de marzo, e hai que inscribirse para participar. Haberá tres premios nas categoría de individual infantil, individual senior, parella infantil, gruo infantil, grupo senior e carroza. Salgueiros pechará o Entroido cruceño o 10 de marzo, cun desfile desde as 16.30 horas. A organización sortea 200 euros.