O salón de actos do instituto Laxeiro, de Lalín, acolleu onte un acto de homenaxe á escritora e docente Chus Pato, con motivo da súa incorporación como académica numeraria á Real Academia Galega (RAG) e a obtención do premio Clara Campoamor, que concede o Concello de Ourense pola igualdad de oportunidades.

O acto, que tivo unha hora de duración, contou coa participación principalmente do alumnado de Bacharelato. Os alumnos realizaron a lectura de poesía acompañados pola banda do instituto. O músico Benxamín Otero no faltou á cita e colaborou coa banda instrumental na distinción desta mestra do centro. Como sorpresa, os escritores Xabier Cordal e Antón Blanco tamén se achegaron ao centro educativo dezao para rendirlle o tributo á súa compañera. Como non podía ser doutra maneira, ambos tiveron a oportunidade de recitar versos propios, como da propia académica numeraria ou de Xosé Luis Méndez Ferrín.

O salón de actos do IES Laxeiro acolleu o evento onde tanto alumnos como a propia dirección do centro, con Uxío Grande á fronte, quixeron recoñecer o traballo desta docente, que na actualidade imparte docencia nas clases nocturnas para adultos que ofrece o instituto.

Hai que lembrar que a escritora recibiu o premio da última edición do Premio Clara Campoamor á igualdade de oportunidades, por unanimidade. Este galardón súmase ao currículum que atesoura esta profesora de Ensinanza Secundaria, feminista, escritora, integrante da Real Academia Galega e unha das figuras máis relevantes e vangardistas da poesía galega actual.