Centenares de devotos congréganse na romería de Santa Rita de Añobre
| Un ano máis, a parroquia cruceña de Añobre transformouse nunha multitudinaria congregación de devotos a Santa Rita. Aínda que o día da festividade foi onte a capela, como de costume, acolleu misas desde a noitiña do domingo ata a medianoite. Pasadas as doce celebrouse a eucaristía solemne, que estivo acompañada pola Coral San Salvador de Camanzo. Xa na xornada de onte, a Unión Musical Ponteledesma encargouse de ofrecer un concerto e houbo, ademais, diversas misas ao longo da xornada. Pola noite, a verbena correu a cargo das formacións Aché e Limón. Esta festividade congrega a numerosos fieis das parroquias veciñas de Vila de Cruces, pero tamén doutras zonas dos demais municipios de Deza. Durante a noitiña do domingo, houbo pasarrúas para anunciar, a modo de preludio, o día grande da patrona dos imposibles.
Temas
Más en Deza-Tabeirós
-
Lalín vuelve a coger las riendas
-
“O proxecto de Altri para a planta de Palas non ten en conta a xente que vive neste territorio”
-
El TSXG desestima el recurso del condenado por intentar matar a su expareja en A Estrada
-
La Xunta remitirá a Greenfiber los informes y alegaciones para incorporar al proyecto