O seu rostro estase facendo familiar para os espectadores da Televisión de Galicia. O lalinense de Palmou José Soto está aproveitando o seu paso polo reality O Gran Cambio para labrarse un futuro como cantante. O venres estivo no Luar de Xosé Ramón Gayoso para presentar a súa candidatura no panorama da música con raíz española.

-Cómo foi a experiencia no Luar? Por qué non cantou un tema completo no programa de Gayoso?

-A experiencia foi moi bonita. A verdade e que houbo un cambio de plans. Ao principio tiñamos pensado cantar un par de cancións, pero o propio Gayoso pensou que sería mellor facer unha promoción persoal antes de dar o salto ao escenario en solitario. E iso foi o que fixemos. De feito, a intervención do venres tivo moito máis de promoción que de actuación, aínda que me fixeran cantar un fragmento de Cántame un pasodoble galego, unha das miñas cancións favoritas.

-Cándo xurde a oportunidade de cantar na TVG?

-Foi todo unha coincidencia. Pilláronme cantando no Gran Cambio e me suxeriron que podería facelo ben en solitario. Vai ser a miña primeira vez e todo dependerá de cómo saia a cousa porque podería ter ofertas sobre a mesa.

-A qué se refire?

-Hai varias opcións. Podería incluso chegar a formar parte dunha orquesta e grabar un disco. Haberá que esperar para saber si a cousa vai para arriba ou non. Eu son optimista porque, a verdade, gústame moito cantar.

-Cal é o seu estilo preferido?

-Gústame moito interpretar copla e pasodobles. En xeral, prefiero os temas de música española tradicional porque penso que son os que mellor van coa miña forma de interpretar.

-Entonces, cándo poderemos velo na TVG cantando en directo unha das súas cancións?

-Aínda non o sei fixo. Penso que podería ser a vindeira semana pero eso sempre depende dos de producción dun programa tan complexo como é o Luar. Para mín todo isto é un auténtico reto persoal que espero poder sacar adiante.