campo do fragoso
Paciencia
Manuel Bragado
Nun exercicio exemplar de paciencia o Celta de Eduardo Berizzo gañou pola mínima a un excelente Deportivo Alavés de Mauricio Pellegrino. Un gran gol no minuto 89, o primeiro de Nemanja Radoja coa camisola celeste, desbloqueou in extremis un partido moi igualado no que a disciplina dos vascos soubo incomodar moito aos célticos incapaces de superar tan complexo valado defensivo. Un partido onde Iago Aspas cedeu o seu brillo habitual a Wass, Mallo e Radoja, tamén os tres participantes no gol celeste, nacido dunha parede do internacional dinamarqués sobre o lateral de Marín, que dende a dereita centrou raso e potente, como a el máis lle presta, para que o serbio entrase coa pelota no medio da área, amagase, canease, superase a dous defensas e xutase dende o punto de penalti sobre as redes cunha tranquilidade e confianza asombrosas. Un gol soberbio, a guinda que lle faltaba a unha das estrelas máis emerxentes e luminosas do Celta actual.
Gañar o partido requeriu moito traballo. A primeira parte foi bastante sosa, xogada a maior parte arredor do círculo central, un campo de batalla do que o Celta saíu con superioridade en contadas ocasións. Fíxoo grazas á velocidade de Bongonda, capaz de provocar dúas amarelas aos seus defensores, e á afouteza de Aspas que nunha tarde, onde se lle notou un chisco cansado e recibiu unha severísima marcaxe dos seus defensores, dispuxo só de dúas oportunidades de gol, tras senllas asistencias de Daniel Wass, o enganche polo que onte pasou todo o perigo do Celta. Na primeira, apenas comezado o partido, o Mago de Moaña rematou sobre Pacheco. Na segunda, no trinta e oito, nacida tras un espectacular servizo de sesenta metros de Rubén, que Wass lle reenviou de tacón, só puido centrar procurando a presenza dun Guidetti que non chegou.
Tras a pausa, o partido mudou radicalmente cando foi expulsado Feddal, despois dunha dura entrada do central alavés sobre Iago. O Deportivo quedaba en inferioridade numérica, o que obrigou a Pellegrino a montar un grande valado defensivo, mais sen renunciar a accións esporádicas de contraataque. Con este novo escenario, os celestes monologaron coa súa posesión, pero en moi contadas ocasións foron capaces de superar aquel muro. A única oportunidade que lembramos foi unha estragada por Roncaglia, só diante do porteiro, tras un bo servizo de Guidetti, exhausto na súa pelexa a cara de can cos centrais visitantes. Porén, Berizzo non perdeu a paciencia. Fixo entrar na lameira a Jonny e a Rossi procurando intensificar o xogo asociativo polas bandas, procurando atopar dende alí os camiños do gol.
Unha presión celeste ben soportada polos de Pellegrino que se estiraron con moitísimo perigo nun par de oportunidades, sobre todo a protagonizada no 80 polo lateral francés Théo que correu dunha a outra área de forma sensacional, superando aos celestes que se lle puxeron por diante, e cuxo xute despexou de forma providencial Rubén por riba do longueiro. Xaora, foi Hugo Mallo quen mellor viu como furar o valado deportivista dende a dereita. Insistir e insistir era a receita de Berizzo dende a banda. Fíxoo o de Marín no 86 cun xute dende o recanto da área que bateu no poste longo. Recuncando, apenas dous minutos despois, cun centro raso co que Radoja fabricaría o gol da vitoria. No entanto, os visitantes estragaron nos minutos do desconto un saque de falta na media lúa viguesa, o que engadiu ao partido, se non as houbese, doses de emoción até o derradeiro asubío.
Outra vitoria celeste importante, a cuarta no que vai deste xaneiro, que sitúa aos de Berizzo, case no remate da primeira rolda, a carón das posicións europeas. Non cansaremos de expresar a nosa admiración polo devir desta campaña na que o Celta mantén as súas aspiracións nas tres competicións nas que participa.
stylename="070_TXT_dep_dcl_03">bretemas@gmail.com
- El ministerio niega la entrada a puerto al buque arrastrero «Novaya Zemlya»
- Calamar, pota, potón: ¿Quién pesca el qué, dónde y en qué condiciones?
- Quiebra la excontrata gallega de centros logísticos de grupo Inditex
- Mueren una mujer de 51 años en un accidente de tráfico en Muíños y su marido tras recibir la noticia
- Una odontóloga venezolana y su marido ingeniero hacen cola en el comedor social de Vigo al no poder convalidar sus títulos
- El juez ordena cerrar un piso turístico en Vigo por estar «prohibido» en los estatutos
- Galicia, entre las comunidades que permiten a más alumnos de ESO graduarse con asignaturas no superadas
- El doctor Pintado Albo, el ginecólogo que trajo al mundo a miles de vigueses y al primer 'in vitro'