04 de febrero de 2019
04.02.2019

Ataque Escampe, o grupo galego que adiantou a Rosalía na versión de Los Chunguitos

A banda fixo en 2017 unha revisión do 'Me quedo contigo', que a catalá interpretou nos Goya

04.02.2019 | 22:23
Ataque Escampe, en directo nun concerto en Cangas en 2016 // Santos Álvarez

Pasou coma unha cicloxénese explosiva Rosalía pola gala dos Goya coa súa inesperada e audaz versión de 'Me quedo contigo (si me das a elegir)', de Los Chunguitos. A interpretación, cun coro como único respaldo para a súa voz, converteuse no tema de conversa estrela nas redes sociais, coa habitual liorta entre usuarios que xenera todo o que fai a cantante.

Pero a omnipresente catalá non é a primeira que versiona ese tema dos estremeños: os Ataque Escampe publicaron o último día de 2018 un disco dobre, Ídolos adolescentes / A vida dos animais, no que se recolle unha revisión da canción.

A banda compostelá arranxou a peza en chave cumbia-rock fronteiriza para a festa aniversario do Cineclube Compostela do ano 2017, onde tocaron baixo o case indescifrable pseudónimo Gauteque Escampe, e gravárona no estudio As Gonzalinhas, de Lalín.

Outro artista de orixe galega, Manu Chao, tamén versionou o 'Me quedo contigo (si me das a elegir)', neste caso co seu inconfundible selo.

Compartir en Twitter
Compartir en Facebook

Oscars 2019

Premios Oscar

Consulta los nominados y ganadores de los Oscar 2019 y sigue en directo la Gala y la alfombra roja de los premios de la Academia de Hollywood.