21 de marzo de 2018
21.03.2018

O Galician Film Forum estrea "Santoalla" en Londres

A cinta, un documental que funciona como un thriller, poderase ver no King´s College da capital inglesa

21.03.2018 | 12:26
Fotograma de "Santoalla".

A oitava edición do Galician Film Forum (GFF) acollerá este venres, 23 de marzo, a estrea en Londres do documental "Santoalla", dirixido por Daniel Mehrer e Andrew Becker. O acto será na universidade King´s College de Londres (18.45 horas, no Strand Campus, Edmond J Safra Theatre) e terá entrada gratuíta, pero cómpre reservala con antelación neste enlace. Tras a proxección haberá un coloquio a través de videoconferencia con Cristina de la Torre, coprodutora da cinta.

"Santoalla" proxectarase en versión orixinal con subtítulos en inglés e o encontro celebrarase en inglés e galego. Toda a información relativa ao evento pódese consultar na páxina web do GFF (galicianfilmforum.gal). Esta edición do GFF conta de novo co apoio do departamento de Spanish, Portuguese and Latin American Studies do King´s College London.

O documental xira arredor da misteriosa desaparición de Martin Verfondern en xaneiro do 2011 na aldea galega de Santoalla. Verfondern e mais a súa muller, Margo Pool, establecéranse nesta remota paraxe logo dunha viaxe polo sur de Europa na procura do lugar perfecto para cumpriren o seu soño: vivir no campo, afastados das complicacións urbanas. A parella holandesa atopou en Santoalla o seu paraíso perdido e aínda que ao primeiro convivía en harmonía coa outra familia residente, axiña comezou un tenso conflito entre ambas as dúas familias que alcanzaría o seu clímax coa súbita desaparición de Martin.

Fascinados pola historia, os directores estadounidenses Daniel Mehrer e Andrew Becker decidiron rodar unha obra na que mesturaron o material filmado por eles coas gravacións de vídeo do propio Verfondern e as imaxes de arquivo dos medios de comunicación. O resultado é unha película a medio camiño entre o documental e o cinema de suspense, onde a tensión se mantén ata o final malia a que o tráxico desenlace da historia poida ser coñecido de antemán polo público.

Dende a súa estrea en Edimburgo no 2016, "Santoalla" proxectouse xa en case unha trintena de festivais de todo o mundo e recibiu galardóns como o de mellor película documental no Austin Film Festival (2016), o Gran Premio do Xurado no Lighthouse International Film Festival (2016), o premio á mellor montaxe no Salem Film Fest (2017) e o Premio ao mellor filme estranxeiro do Cervino CineMountain (2017).

O GFF naceu no 2015 no seo dun grupo de galegos emigrados a Londres co obxectivo de crear un espazo para a difusión do cinema galego na capital británica. A súa actividade articúlase en tres eixes: como plataforma de exhibición, como observatorio da nova diáspora creativa audiovisual no Reino Unido e como espazo de reflexión sobre o cinema e a cultura galega en termos universais.

Compartir en Twitter
Compartir en Facebook

Televisión


Fotograma del tráiler de 'La maldición de Bly Manor'.
Así es el espeluznante tráiler de 'La maldición de Bly Manor'

Así es el espeluznante tráiler de 'La maldición de Bly Manor'

La secuela de 'Hill House' llega a la plataforma el 2 de octubre para ofrecer una nueva dosis de...

Kit Harington reniega de Jon Snow: "El mundo no necesita roles masculinos como ese"

Kit Harington reniega de Jon Snow: "El mundo no necesita roles masculinos como ese"

El actor critica el prototipo de héroe que representa su personaje en 'Juego de tronos'

Patricia Arquette, una adicta reconvertida en detective en la nueva serie que prepara Apple

Patricia Arquette, una adicta reconvertida en detective en la nueva serie que prepara Apple

La intérprete oscarizada protagonizará 'High Desert', ficción producida y dirigida por Ben Stiller

Frank Cuesta prepara su vuelta a DMAX con teletransporte incluido

Frank Cuesta prepara su vuelta a DMAX con teletransporte incluido

El aventurero comprobará cómo está afectando esta crisis a los animales y lo hará tirando de...


Amazon lanza el tráiler final de su docuserie 'El Desafío: ETA'

Amazon lanza el tráiler final de su docuserie 'El Desafío: ETA'

La serie, que se estrena el 30 de octubre, resume en ocho capítulos 50 años de existencia de la...

Rivera habla sobre Malú y su adiós político: "Pequé de pardillo"

Rivera habla sobre Malú y su adiós político: "Pequé de pardillo"

El ex de Ciudadanos reapareció en 'El Hormiguero' para presentar su libro 'Un ciudadano libre'