Os escolares celebran a primeira Festa dos Maios de Nigrán

Os escolares celebran a primeira Festa dos Maios de Nigrán

Os escolares celebran a primeira Festa dos Maios de Nigrán

Preto de 120 escolares de Infantil e Primaria dos colexios públicos de Nigrán festexaron onte no muíño de Porto do Molle a primera celebración oficial dos Maios do municipio. Organizada polo Concello no marco da programación das Letras Galegas, a festa serviu para darlles a coñecer a figura de Luísa Villalta. Os rapaces expuxeron os seus maios e gozaron ao aire libre do espectáculo de Trémola Teatro, sobre a vida e a obra da autora.