A alumna do Cova Terreña Aroa Misa gaña o premio Respira! de poesía

Aroa le o seu poema para os compañeiros.

Aroa le o seu poema para os compañeiros.

“Si e non” se titula o poema co que Aroa Misa García, alumna de 5º de Primaria do colexio Cova Terreña de Baiona, obtivo o recoñecemento do xurado do festival Alguén que Respira! que organiza o Concello de Santiago de Compostela co apoio da Secretaría Xeral de Política Lingüística. Unha peza de 14 versos onde verbos e rima forman un canto sobre a convivencia e o perdón que a propia Aroa lerá o día 23 na igrexa da Universidade de Santiago nun recital.