O programa de actos da memoria "A Volta das Nove" que o IEM adica este ano á represión contra as mulleres prevé hoxe a inauguración da mostra "Rexas, mulleres contra o terror franquista", promovida pola Deputación e comisariada pola xornalista e investigadora Montse Fajardo, ás 20.00 no Concello de Baiona. A continuación, a biblioteca municipal acollerá a proxección do documental "Matriarcas", seguida dunha charla de Montse Fajardo, que presentará un traballo sobre as represaliadas da comarca.