O Servizo de Normalización Lingüística volve organizar os "Venres Cativos", un programa incluído dentro do proxecto Apego. Trátase de actividades dirixidas á infancia para promover o uso da lingua galega. A primeira actividade deste ano está dedicada a Rosalía de Castro. É un espectáculo que mestura obradoiro, contacontos e transmisión interxeracional. Será o vindeiro día 22, en dúas sesións (17.30 e 18.45) no Multiúsos de Chapela. Cómpre a inscrición previa en normalizacion@redondela.gal.normalizacion@redondela.gal