Membros de Gondomar Concello Aberto emprenderon onte unha acción de protesta polo uso exclusivo do español na sinalización pública do municipio e colocaron dous carteis en galego nas pistas deportivas das Cercas, tapando os orixinais en castelán. A formación xa denunciou esta anomalía cunha moción ao pleno, aprobada por unanimidade, e lamenta que "o señor Ferreira incumpriu de novo o acordo plenario".