No cemiterio de Arcade terá lugar hoxe a partir das 12 horas un acto de homenaxe a Lois Obelleiro, histórico político nacionalista que foi concelleiro na corporación de Soutomaior entre 1979 e 2000. Haberá unha ofrenda froral e falarán o voceiro do BNG Manu Lourenzo e mailo alcalde de Barro, Xosé Manuel Fernández Abraldes.