"Díme do que te gabas e direiche o que che falla" (Refrán popular).

A min o señor Núñez Feijóo sempre pareceume que tiña dotes de fogueteiro. Cando a pandemia azoutaba ao resto de España, e obrigaba ao Goberno a prolongar o estado de alarma, berraba por entrar na última desescalada. Botaba foguetes aínda que non houbera festa que celebrar. Gabábase de ser un bó xestor no eido da sanidade, sendo coma fora que ocupara altos cargos na sanidade galega (1991), na sanidade nacional ata chegar a presidir o Insalud (1996). Apadriñado sempre por Romay Becaría. Con tal currículum na sanidade pública alonxaría de preto o Covid-19 de atravesar o Padornelo. Máis, vela eiquí, co belicoso virus non coñece fronteiras, nen gobernos e non hai quen, a data de hoxe, capaz de vencelo. Os foguetes somentes eran fume para agochar incompetencias, namentras o lume aniñaba nos montes coma unha pandemia tamén. Unha desfeita forestal dando alimento ao coronavirus.

A Asociación Galega para Defensa da Sanidade Pública (AGDSP) avisaba fai un mes que era moi preocupante a situación sanitaria en Galicia co repunte de novos casos do Covid-19. Pola contra, o Goberno galego mantén sen recuperar as plazas que foron eliminadas na anterior crise polos recortes na sanidade pública. Fallan rastrexadores, persoal sanitario, que obrigan a suspender centos de consultas, probas diagnósticas e intervencións quirúrxicas. Calquer usuario da sanidade pública pódese decatar delo. Acadar unha consulta médica presencial é toda unha fazaña, a pesares da boa vontade da que fan gala os galenos da atención primaria. Os que padecemos dunha comorbilidade viaxamos no furgón de cola. No furgón dun tren que, coma as penas que corrían polas venas de Lola Flores, vai desbocado sin coñecer a donde irá.

Voltamos a unha nova escalada. Restriccións nalgúns barrios da cidade, prohibicións de reunións de persoas que non teñan unha situación de convivencia. Coma se acreditará? Levando un certificado de empadroamento coa sinatura de Jácome? Unha declaración xurada perante notario e dúas testemuñas? Que farán aquelas familias que viven noutros domicilios, sen poder atoparse, pais e fillos, avós e netos? Seremos quen de gardar longas colas para mercar alimentos, mediciñas, na rúa a merced dos caprichos metereolóxicos do inverno? E os políticos poderán xuntarse para debatir no Concello ou na Deputación? Seica estarán exentos porque eles tamén "producen". E xa se sabe, somentes poderán xuntarse, aínda sen convivir xente que produza. Primará o traballo sobre a saúde. Os que non teñan traballo, pois, 'ajo€ y agua'€Son moitas preguntas que desexaría repostasen os nosos moi ben pagados políticos.

Atópome, amigo que me escoitas, nun nó gordiano. O que sé teño claro é que, coma diría a miña Carmiña, de berce castelán, non se pode mexar nun botixo, señor Núñez Feijóo.