Comezou Feijóo como pioneiro en establecer a medida, crecido tralos bos resultados nas eleccións en Galicia do PF o Pphe, que o PP había que tapalo dalgún modo, e por aquilo de "eu mais", logo foi seguido polos demais non fora a ser, unha medida política de lavado de cara porque é absurda por ineficaz e porque saben, sabemos que eiqui non están os contaxios, estes están neses que viñeron Brasil e México, con familia en concellos como Avión, si, si, as fronteiras son responsabilidade do Goberno español, pero eiqui Feijóo calou, non fora ser que non deixaran entrar, ou devolveran a esta xente de concellos feudos do PP, ou eses encontros familiares, eses que foron ou viñeron de fóra de veraneo ou esas festas, por iso aplaudo a estes xuíces que anulan medidas que non fan mais que cercenar as liberdades dos cidadáns, e que perdemos de abondo dende que comezou esta tolemia, negacionistas lles chaman, palabra de novo cuño creada pola prensa-gobernos, para definir todo disidente e que está en contra de determinadas medidas absurdas, porque negar, a inmensa maioría dos que así son chamados, non negan nada, o uso da mascarilla na rúa é ineficaz porque nin un 10% a usa ben, quen se cree que a xente as cambia a diario ou as limpa con regularidade?, se leva para evitar a multa e punto, por certo é un fantástico medio de cultivo, calor, humidade, bacterias e fungos están encantados, non hai evidencias científicas sólidas que avalen a medida, salvo nos tres casos que xa existían, espazos pechados, transportes públicos, e aglomeracións ou que non permitan gardar a distancia de seguridade, é onde son eficaces se se leva ben posta e limpa, cousa que levándoa en todo momento dubido da súa efectividade, igual que prohibir fumar na rúa, tampouco ten consistencia ou non mais, que outras teorías científicas por exemplo como duns científicos australianos que din que tamén se propaga a través do aire expelido polo ano a través das ventosidades por aerosoles anales, non digo mais, pues igual o inefable Feijóo, gran fagonada e vende fumes sexa tamén pioneiro en adoptar medidas como poñer mascarilla polo orto, e cree tendencia.