O pasado mércores 11 de setembro Faro de Vigo publicaba unha reportaxe no apartado de Sociedade sobre a situación desesperada da familia de Daniel Pérez Lorenzo ao que viamos xunto a súa nai ingresando no servizo de urxencias do Hospital Álvaro Cunqueiro, onde continúa. O día 15 de setembro a nai publicaba nas redes sociais. "Por agora nada que celebrar". A día de hoxe, a parte das boas palabras e propósitos, que fixeron as administracións públicas para paliar esta desesperante situación? Para cando confirmación oficial? Esperarán a que a situación sexa irremediable para despois lamentarse e crear comisións de investigación buscando responsables?

Solución oficial e por escrito xa!