"Lévanse dous anos pra aprender a falar, e sesenta anos pra aprender a calar"(Ernest Hemingway).

Certamente non foi o sancristán de Coimbra, coñecido pillabán que facendo mil diabluras, mollaba o pan no aceite, deixando os santos a escuras. Tivo que ser alguén moi profesional no xeito de roubar non nos petos das igrexas ou os dos camiños, se non os votos das urnas da derradeira chamada electoral. Foi todo un misterio. ¿Quén diaño sería o malnado ladrón? En pouco tempo poidose saber a verdadeira autoría do suceso. Non foi cousa de un soio individuo. Era obra dunha banda ben organizada.

Grazas a sagacidade e o tesón dun axente secreto o que resolvería aos autores do roubo. Pertencente a TIA, a axencia, que baixo a dirección do Super, e naque comparte labouras cos axentes Mortadelo, Filemón e o Profesor Bacterio. Agora coñecemes a súa identidade: Albert Dos Peares. A súa ficha era o segredo ben gardado de Francisco Ibáñez. Xa non nos atopamos naquela guerra fría. Estamos nunha guerra quente e escura, onde, somentes, as meigas alumean, coma cousas de encantamento, e que nin o conxuros das queimadas escorréntanas.

Nin sequera Benitiño Parvo, moi afeito a roubar nos petos da parroquia, non foi quen de descubrir aos verdadeiros ladróns. Diante do clamor popular nunha rogativa, na que pendóns azuís tremolaban polo vento, Albert Dos Peares tivo que sairlles ao paso e berrar os nomes dos dous xefes da banda criminal: ¡Pedrito "o Monclovita" e Santiago "o Xinete Soitario"!

"¡Non mo podo crer"!, esclamóu o curiña que presidía a debandita rogativa, e de seguido continóu falando, ao mesmo tempo que se persignaba, "¡Ave María Purísima, coma o católico Santiago, tan devoto das nosas santas tradicións, a caza, os touros, vestido sempre de nazareno e capirote nas procesións da semana santa, levando un cirio na súa mán, poido asociarse cun roxo enimigo da España unha e grande, e tramar tamaña falcatruada criminal!".

Se vostede, lector, non o soupera xa, a debacle, pois, do Partido Popular nas recentes eleccións xeráis non foi causa da vontade dos votantes, senón un plan sinistro xurdido entre os xefes do PSOE e maila o do Vox. Libaron do mexunxe que mestura o que cando non se pode co enimigo únete a él co divide e baterás a rivalidade dos teus irmáns e máis parentela.

Deixándome de contos cunhas lerias imaxinarias, o certo é que foron as verbas pronunciadas polo oráculo Núñez Feijóo que, arrulado e protexido polas auras das náyades das augas do Sil, Miño, Bubal e Sarela, non tivo, nin ten, a necesidade de aprender a calar.