Chamo o Concello de Redondela para saber que oferta de actividades teñen para as mozas e mozos da vila. Resposta da Concellería de Educación: ninguna.

Triste é que coa cantidade de nenos e nenas e adolescentes que hai en Redondela o Concello non fomente nin organice nin subvencione ningún tipo de actividades para eles.

A solución: saír do pobo, a Vigo ou Pontevedra, para poder acceder a diferentes actividades.

Este ano quedeime sorprendida co Concello de Pontevedra xa que subvencionan unha gran cantidade de actividades para os nenos e nenas: xadrez, xudo, baloncesto, ximnasia acrobática, tenis, padel, escalada?e a prezos populares.

Os únicos que che ofrecen opcións de facer actividades en Redondela son os centros culturais, pero claro a oferta é reducida, o meu fillo interésalle xadrez ou informática robótica e diso non hai, e na secundaria non existen actividades extraescolares, non entendo o porqué.

Creo que dende o Concello deberían poñerse a traballar para ofrecer os seus cidadáns unha oferta de actividades lúdicas, culturais, deportivas e educativas de calidade e asequibles, xa que son importantes para a formación integral das nosas nenas e nenos, para a xestión do seu tempo libre, adquisición de competencias, etc.

Veremos o ano que ven a ver qué pasa!