As fábricas de ferroaliaxes de Ferroatlántica, por exemplo a de ferrosilicio, que é a base do aceiro inoxidable, de Cee, precisa de chatarra e silicio, que funde nunha cuba electrolítica, a electricidade é polo tanto compoñente esencial na fabricación; ao ter o porto ao carón da Cuba fai doado a chegada da chatarra e a saída do ferrosilicio ao mercado; ao ter as centrais produtoras da electricidade no Xallas, moi pretiño, orixina un conxunto produtivo que é imposible levar a outro lado (deslocalizar), vencellado fisicamente a xeografía (e se se quere autónomo).

Por outra banda a normativa enerxética muda cada pouco e mal, o que ven reflectido nas sentencias dos tribunais internacionais contrarias ao Reino de España e nas arbitrariedades que estamos a coñecer de cotío. Polo que a honestidade dos funcionarios da Xunta, expertos técnicos xurídicos, que van facer o ditame xurídico da petición da venda das centrais eléctricas, pode ter pouco valor, xa que as normas que hoxe poden favorecer as pretensións dos empresarios e xustificalas, son cousa pasaxeira; mentres a xeografía física non muda doadamente.

A electricidade expórtase, arestora o 40% da producida na Galiza; non tería problema exportar máis; para producir fora.