Estamos a vivir estos días algo que, por desgracia, se repite con frecuencia nesta nosa Galicia. Venme á cabeza a frase do Génesis, libro da Biblia, que di "hágase la luz". Así Deus fixo que non andemos ás cegas. Pero as grandes empresas eléctricas, parece ser, non queren cumprir o gran mandato divino. Están a cometer un verdadeiro sacrilexio, teolóxicamente falando?

Adeus ríos, adeus montes?, dicía xa Rosalía. Adeus miñas casiñas, fecundos vales, hortas e mais ribeiras. Quedou todo mergullado para sempre. As empresas fixéronse donas por case nada. E agora pagamos a luz do máis caro. Non hai dereito! Non sei como despois do estrago poden sacar tantos beneficios os explotadores, e tan pouco proveito para os usuarios que somos os que ó final pagamos todo: consumo e construcción das intalacións. A vergoña é que o fan mal e con material pésimo. Será para ter mellores beneficios cos aforros?

Só nos queda implorar ó Neptuno para que chova e ó Zéfiro para que sople frouxo. Se non chove sube a luz, e se fai un pouco de vento quedamos sen ela días e días...

Ano tras ano co mesmo problema, cada dous por tres estamos sen luz; e non hai quen lle poña remedío. Creo que non é tan custoso quitar todo aquílo que se vexa poida caer encima dos tendidos e poñerlle uns soportes que aguanten os nosos ventos, que por sorte no teñen sido tan feros. Esto chamaríase ser previsores e serios.

Tamén quero dicir que sempre as pagan os mesmos: a xentiña das aldeas que non teñen cartos para un xenerador potente. É una contradicción que elas sexan as que sufran ¡os encordios das centrais, a pérdida das terras e casas (en moitos casos) e, por riba, paguen a luz máis cara que Madrid, e con tan mal servizo. Poderán ter algún día sentido da súa responsabilidade? A ver se lle fan caso á cita bíblica: haxa Luz!!