05 de diciembre de 2009
05.12.2009
Faro de Vigo

Sobre o caso Alcorcón

Manuel López Rodríguez, voceiro da familia

04.12.2009 | 22:10

O pasado día 29 de novembro na sección de cartas ó director deste mesmo xornal, publicouse unha resposta de D. Pedro M. Larrauri titulado "Os erros sobre a lingua" a un artigo de opinión de Manuel Bragado titulado "Os dilemas de Feijóo sobre a lingua".
Nesa carta tócase dun xeito moi desafortunado e errático respeto ó recente caso do auto o cal ameaza a unha nai galega de retirar a custodia por -entre outras cousas "senrazóns"- escolarizar as súas fillas en colexios públicos en Vigo en detrimento da anterior escolarización en centros privados en Madrid con inmersión lingüística en galego, lingua sen ningunha utilidade práctica alén das nosas fronteiras.
Pois ben, acumula vostede unha caterva de erros cando se refire a que es nenas levan un ano a estudar en Vigo e que a sentenza non nega a custodia nin obriga as nenas a irse de Vigo, pois teño que supoñer que sexa só a falla de información o que lle leva a vostede a afirmar iso.
Analizando polo miúdo dito parágrafo non ten desperdizo, en primeiro lugar, é certo que a nena mais vella (17 anos) leva un ano en Vigo para o cal e após a resolución xudicial, tivo que remitir unha queixa formal perante o valedor do menor en Madrid solicitando ficar en Vigo para non interromper os seus estudos xa iniciados, e que tamén a súa irmá menor e nai así o puideran facer, outro conto moi diferente foi o que lle aconteceu: a nai e a nena mais nova que tiveron que retornar a Alcorcón despois do primeiro trimestre, sen entrar en razón o xuíz polo apoio da propia fiscalía e a nai, falando dos riscos académicos e persoais que carrexaría a volta a esas alturas do curso e contra os informes emitidos polos dous colexios informando da perfecta integración das dúas nenas tanto a nivel académico como persoal, por certo en lingua galega tamén. Como resultado a nai tivo que voltar a Madrid en circunstancias moi dolosas para ela mesma e a nena, vivindo en condicións lamentábeis durante 6 meses.
Refírese vostede a "sentenza", mire vostede que nin nesa acerta -non é unha sentenza, é un auto que non é o mesmo, digo isto porque na súa carta é evidente o seu ar de suficiencia corrixindo os supostos erros do señor Manuel Bragado, de xustiza e que vostede esté debidamente informado do que fala, di vostede que a "sentenza" non obriga a nai a voltar a Madrid, pois ben, non sei moi ben como interpreeta a parte dispositiva o propio auto:
1. ...se acuerda la atribución de la guardia y custodia provisional de las hijas menores de ambos litigantes, al padre... que deberá ser efectiva del comienzo del próximo trimestre escolar. Del día 8 de enero de 2009 salvo que concurran las circunstancias que se contemplan en el ordinal siguiente fijando en el régimen de visitas que anteriormente disfrutaba el padre.
2. No obstante lo anterior, tal cambio provisional en la guardia y custodia, podrá quedar sin efecto en la fecha fijada, a condición de que al actual progenitora custodia disponga de forma inmediata, el restablecimiento de la de la residencia en aquella localidad (Alcorcón).
Pídolle que non cause a esta familia mais dor cos seus comentarios, xa sendo suficiente cos actuais circunstancias, o agardar cada mañá a chegada de un telegrama que obrigue o cumprimento do auto coa conseguente retirada de custodia de non voltar a Alcorcón. Agardo que non sexa preciso un avogado para a interpretación do citado anteriormente se o precisara o que escribe retao a que lea o auto na súa integridade e saque as conclusións que se axusten a realidade e non os seus desexos.
Respeito tamén a súa declaración de que o deputado D. Bieito Lobeira adícase a poñer frases falseadas na boca de xuíz, non entendo moi ben esta lectura, pois o que fai señor Bieito é ler textualmente entre outros o parágrafo do auto que fede a racismo lingüístico, vostede saberá porqué o di. Prexuízos tamén?
Fala tamén de que as nenas, se cumprira o artigo nº 13 da LNL, non terían agora case que ningún tipo de problema pedagóxico por causa da lingua galega. Mire vostede, estas nenas dende o seu nacemento teñen escoitado con total naturalidade galego por moi estrano e obsceno que a vostede lle pareza, tanto pola súa familia materna nomeadamente os seus tíos, avós e a súa nai cando estaba en Galicia, como por parte paterna, tamén de ascendencia galega e debido a que pasaban entre catro e seis semanas nunha vila da provincia da Coruña, vila na que afortunadamente aínda se fala moito galego, non tiveron nin teñen ningún tipo de problema de adaptación, aínda que non existira este contact lingüístico, ten vostede en moi pouca estima a capacidade de aprendizaxe propia da condición humana e aínda máis a dos nenos e adolescentes.
Eu mesmo falo aparte do galego tres linguas máis, e isto nunca supuso un trauma para min senón todo o contrario, é un san e gratificante reto de esforzo/recompensa.
É evidente que vostede partilla dos argumentos do xuíz, e supoño que tamén o faría do interrogatorio á que foi sometida a nena mais vella preguntando éste unha e outra vez se entendía o galego, non xa como unha lingua no contexto académico, senón tamén como se a lingua propia e orixinaria da nosa comunidade autónoma fose unha infección a evitar.
Xa para rematar, na solución perante este caso que vostede aporta, saiba vostede que no escenario que no sistema educativo galego se dera ese lamentábel apartheid lingüístico que vostede preconiza, predica e desexa, esta familia galega desexaría que as nenas acadaran competencia lingüística na lingua propia de Galicia e serían outra vez penalizadas do mesmo xeito por un xuíz con tantos prexuízos respeito ó galego como vostede.

Compartir en Twitter
Compartir en Facebook
S.P.
Lo malo del embrollo que ha montado la Xunta con la sede de la fundación...
MANUEL BRAGADO
Vigo contou cun gran teatro en 1832. Foi o que na Princesa inaugurou o rico comerciante Velázquez Moreno...
 

Calendario laboral y escolar 2020

Calendario laboral 2020 en Galicia

Calendario laboral y escolar 2019/2020 en Galicia

Aquí tienes a tú disposición todos los días festivos en  Vigo y en Galicia , así como el Calendario escolar 2019/2020 .