17 de junio de 2008
17.06.2008

Despedido

17.06.2008 | 02:00

José Manuel Costas Sánchez - Estás-Tomiño

Unha vez, un veciño meu cazador, extravióuselle o seu mellor can de caza a beiras do río Miño. Eu cando me decatei dous días despois saín en bicicleta a buscalo pola zona e tiven a sorte de atopalo, pero o pobre animal coxeaba seguramente porque se enganchou o parrulo nalgún sitio e de tanto tirar dela lesionouna. A pesar de ser o seu mellor can ata aquel día, ao pouco tempo o cazador desfíxose del (díxome que llo dera un amigo)
Un fillo meu traballaba fai un par de anos nunha empresa de kiwis, era en inverno e empezouse a queixar que lle doían os dedos das mans, criamos que era a causa do frío e polas mañás antes de ir ao traballo lle daba unhas masaxes nas mans pero aos poucos días foi despedido quizáis a que a súa produción baixara a causa da dor.
Precisamente o día seguinte de ser despedido espertounos un berro de dor procedente do cuarto deste fillo, éste queixábase que lle doía o brazo e así entre berros leveino a urxencias e o que tiña era unha forte infección que lle producía esa dor e resolveuse con sorte cunhas simples pastillas.
Fai poucos días cando levaba case nove meses traballando nun viveiro da zona, este mesmo fillo sufriu un accidente laboral, xa que lle pasou por enriba das pernas unha carreta elevadora, tendo bastante sorte xa que aos catro días volveu ao traballo aínda que tiña as pernas moradas e mesmo unha algo inflamada; así todo, a pesar da súa boa vontade por volver ao traballo, ao seguinte día da súa incorporación foi despedido por "falta de traballo".
Foi entón cando me acordei daquel pobre can de caza que a pesar de ser o mellor ata aquel día xa non lle servía ao seu dono.
Son comparables ambos os dous casos ou eu son un mal pensado?, pero é moita casualidade que precisamente ao día seguinte dunha lesión "falte o traballo"; a verdade é que a pesar de intentalo non son capaz de separar ámbolos dous casos e menos mal que aquí non estamos en Castela onde cando un galgo xa non vale para correr cólgano.
Isto alíviame un pouco

Compartir en Twitter
Compartir en Facebook
S.P.
Lo malo del embrollo que ha montado la Xunta con la sede de la fundación...
MANUEL BRAGADO
Vigo contou cun gran teatro en 1832. Foi o que na Princesa inaugurou o rico comerciante Velázquez Moreno...
 

Calendario laboral y escolar 2017/2018

Calendario laboral 2018 en Galicia

Calendario Laboral 2018 en Galicia

Aquí tienes a tú disposición todos los días festivos en  Vigo y en Galicia , así como el Calendario escolar 2017/2018 .

 

Enlaces recomendados: Premios Cine