O Concello de Salceda vén de facer entrega esta semana dos diplomas ao alumnado do PIE que participou nos cursos de Elaboración de bolería e pastelería artesá, Panadería e pastelería salgada e Elaboración de masas, cremas e bases en pastelería. Foi a alcaldesa Verónica Tourón quen presidiu o acto no CDL de O Torrón.