Dado éxito alcanzado nas dúas primeiras edicións, o Concello de Arbo volve convocar o certame fotográfico “Arbo, vila da lamprea” con motivo da XXIII Festa da Lamprea prevista para os días 28, 29 e 30 de abril de 2023.

O obxectivo do concurso é premiar as mellores instantáneas, as máis espectaculares e orixinais realizadas por calquera persoa (profesional ou afeccionado) en calquera punto do termo municipal de Arbo, con temática libre.

Os traballos poden presentarse ata o día 9 de abril e a votación dos mesmos realizarse do 10 ao 13 do mesmo mes.

Os premios consisten en paquetes turísticos con aloxamento en casa rural, comida en restaurantes de Arbo, práctica de deporte de aventura nas empreses de ocio de Arbo, visita a bodegas e lotes de viños das adegas de Arbo.

O alcalde de Arbo, Horacio Gil, explica que “este concurso enmarcado dentro das actividades de promoción da Festa da Lamprea, pretende atraer visitantes ao noso municipio e que coñezan os atractivos turísticos que ofrece, e que sexan os propios visitantes os que conten a través do seu obxectivo a súa experiencia”.