O Concello de Salceda de Caselas organizou a actividade familiar “Descubrindo a flora do río Caselas”, segunda do programa “Un verán para a infancia”. Nela os participantes achegáronse á senda do río Caselas para descubrir e coñecer a súa vexetación e a importancia para diferentes usos da mesma. A cativada e as persoas adultas observaron e identificaron as especies de flora como olmos, lúpulo, espiñeiro, hipérico... para coñecer a importancia da súa conservación polos seus usos humanos e a súa importancia dentro do ecosistema fluvial.

Antes de rematar, a rapazada realizou un caderno de campo onde plasmou as diversas follas das especies atopadas para observar as diferencias e levar un recordo da actividade.