Espazo Fest, o festival dos pazos históricos de Nigrán, recibiu máis de 6.000 espectadores na súa segunda edición celebrada ó longo deste mes de agosto.

O certame, que se celebra nos xardíns dos pazos de Cea e Urzáiz, convértese deste xeito nunha alternativa como unha experiencia musical diferente nas Rías Baixas, que malia a enorme oferta de concertos deste verán excepcional, logrou incrementar lixeiramente os datos da anterior edición, pola que pasaron artistas como Iván Ferreiro, Coque Malla, Marlango ou La Bien Querida, onde a cifra de espectadores foi lixeiramente inferior á deste ano.

O concerto de Taburete no Pazo de Cea foi o de maior afluencia de público, con cerca de 2.600 espectadores, distribuíndose o resto do público nos concertos de Immaculate Fools, Soto Asa, Pol 3.14, The Soul Jacket e o concerto inicial do festival con No More Bullshit.

O festival tamén continuou coa súa filosofía de dar cabida a bandas locais en varios dos días de programación.