Meterse na pel dunha mariscadora de Redondela é posible hoxe e os próximos sábados 10 e 24 de setembro grazas ás rutas do marisqueo a pé que organiza o Concello de Redondela e que comezaron o pasado 13 de agosto.

A Concellería de Turismo do Concello de Redondela, que dirixe María Castro, brinda esta posibilidade de coñecer minuciosamente unha profesión que semella fermosa pero que é moi dura.

A iniciativa trátase dun programa de rutas guiadas de cara a poñer en valor a estreita vinculación de Redondela coa actividade mariñeira e marisqueira “un dos elementos máis importantes da dinamización económica do municipio”, asegura a alcaldesa redondelá Digna Rivas.

As rutas guiadas, en colaboración coa asociación Amarturmar, desenvolveranse baixo o nome xenérico de Redondela Mariñeira e están directamente relacionadas coa actividade pesqueira e marisqueira da enseada de San Simón coa intención “de poñer en valor tanto a contorna incomparable que ofrece a enseada como a actividade económica que se desenvolve nese espazo único”, explica a alcaldesa.

A ruta de hoxe comezará ás 10.00 horas, ao igual que a do sábado 10 de setembro e a do 24 de setembro adiántase ás 9.30 horas. Esta experiencia permitirá que as persoas participantes poidan tomar contacto co traballo diario das mariscadoras.

Estas rutras de marisqueo súmanse a outras dúas xa celebradas en Redondela: A Rúta do Porto e a Rúta do Xeito.

En tres rutas as persoas interesadas poden coñeer “ao traballo, duro e sacrificado que fan os nosos homes e mulleres, estreitamente vinculados ao mar, e que contribúen a dinamización do tecico económico do municipio”, asegura Digna Rivas.

Trátase dunha actividade gratuíta aínda que con prazas limitadas, polo que é preciso realizar reserva previa no teléfono 621 020 775 ou no correo electrónico amarturmar@gmail.com

Por outra banda, a oficina de turismo de Redondela tamén organiza, todos os luns, ás 18.00 horas, unha visita guiada para coñecer os segredos do centro da vila de Redondela. É unha ruta guiada, de balde, que dura aproximadamente 60 minutos.

Unha boa idea para coñecer o patrimonio, a historia e a cultura da Redondela máis céntrica. Participar nela require inscripción previa na oficina de turismo municipal de Redondela, de onde parte a ruta cada luns.

A Vila pola tardiña