A semana seguinte comezará centrada nos viños da subzona do Condado do Tea, da Denominación de Orixe Rías Baixas. Haberá catas comentadas do 22 ao 26 agosto para as persoas que queiran coñecer máis sobre viño. Estarán dirixidas polas adegas participantes e serán no propio recinto amurallado.

Os asistentes poderán achegarse tamén dentro desta edición ao exitoso túnel do viño que estará en funcionamento os días 25, 26 e 27 de agosto.

Esta festa de exaltación dos caldos da zona acada a súa 63 edición e recupera o formato tradicional que tanto bota de menos a veciñanza e os visitantes. Haberá distintos postos de comida para maridar os caldos coa mellor e máis valorada gastronomía galega.

A apertura da festa será o venres, 26 de agosto, ás 20.00 horas. Abriranse os postos de viño e de comida e soará a da banda de gaitas Pontenova e unha charanga. A partir das 22.30 horas, serán os concertos de “Voces do Arrieiro”, “Quinkallada” e “Os Vacalouras”.

O sábado, 27 de agosto, de novo estarán abertas as casetas e viño e comida. A cata dos Deliciosos do Ano será na Casa do Conde, ás 11.00 horas. Pola noite, ás 23.00 horas, concertos de “Xisco Feijóo” e “Lucía Pérez”.

A Festa do Viño do Condado do Tea rematará o domingo, 28 de agosto. Ás 10.30 horas, desfile de grupos folclóricos e bandas de gaitas e actuación de charangas polo recinto. Ás 19.30 horas, pecharán a festa os concertos de “Almudena La Mora e Adrián Pérez” e “Amnesia”.