O Concello de Gondomar abre o prazo de solicitudes para unha nova edición do seu programa de lecer activo Gondoverán. Destinado a nenas e nenos de 3 a 12 anos de idade, trátase dun campamento de lecer e tempo libre preferentemente para fillos de proxenitores que traballen durante as vacacións de verán, co obxectivo de favorecer a conciliación da vida familiar e laboral durante todo o mes de xullo, ao tempo que se potencia o desenvolvemento integral do neno a través dunha programación que combina o xogo con actividades creativas, culturais e de coñecemento da contorna, dende unha pedagoxía do lecer baseada na educación en igualdade e hábitos saudables.

As solicitudes presentaranse no Rexistro Xeral do Concello de Gondomar ou a través da sede electrónica con prazo ata o vindeiro día 2 de maio.

Gondoverán levarase a cabo durante todo o mes de xullo, terá como sede un Centro Educativo de Gondomar e o prezo é de 125 euros/neno. O seu horario de funcionamento será de 09.00 a 14.00 horas con posibilidade de incorporación ás 08.00 horas e de saída ás 15.00 horas, segundo necesidades particulares