A Biblioteca Municipal Luís Seoane do Concello de Soutomaior vén de convocar novas proposta para a lectura compartida neste 2022 a través do Club de lectura en castelán e galego e do Club de lectura de literatura latinoamericana e outras literaturas

No primeiro caso, a actividade celebrarase todos os últimos xoves de mes, dende o 27 de xaneiro ao 30 de xuño, de 11.15 a 12.15 horas. Ofértanse un total de 15 prazas e a participación é de balde.

No outro caso, tamén son sesións dunha hora, de 10.00 a 11.00, e realizaranse en martes alternos, dende o 25 de xaneiro ata o 28 de xuño

Ámbalas dúas actividades están dirixidas a persoas de 18 ou máis anos e manteñen as inscricións abertas en liña a través da páxina web gabinetesoutomaior.com.

Para obter unha maior información ao respecto, as persoas interesadas poden chamar á biblioteca municipal Luís Seoane, ao número de teléfono 986700291 ou escribir un correo electrónico ao enderezo bibliotecamunicipal@soutomaior.com solicitando información.