cultura
Gondomar pide recoñecer as rondallas de Reis
O pleno aproba por unanimidade iniciar os trámites para que o certame sexa Festa de Interese Turístico de Galicia

Última edición do certame de rondallas, celebrada en xaneiro de 2020. | // FDV / l. c.
l. c.
Iniciar os trámites ante a Xunta de Galicia para solicitar a declaración de Festa de Interese Turístico do Certame de Rondallas celebrado en Reis en Gondomar foi a decisión unánime tomada a pasada semana polo pleno da corporación municipal.
Dende o Concello asegura que o evento “de relevancia cultural indiscutible das festas de Nadal na vila, cumpre con todos e cada un dos requisitos” para acadar esta distinción.
“É un compromiso que adquirimos como goberno hai case un ano e que, aínda que se viu freado pola pandemia, non deixamos de traballar en ningún momento para que sexa unha realidade canto antes. Con esta aprobación damos un paso importante: formalizar a solicitude ante Xunta de Galicia para que o comité de valoración da Consellería de Turismo visite a celebración do 6 de xaneiro 2022”, explicou o alcalde Paco Ferreira.
O texto da moción aprobada pola corporación lembra que este certame é “unha das máis arraigadas e lonxevas tradicións do nadal en Gondomar, e que constitúe todo un símbolo distintivo dos fastos natalicios na localidade”. Nel tamén se recollen detalles sobre a orixe da súa celebración que xustifican as condicións requiridas pola administración galega, como son, a antigüidade, o arraigamento, o valor cultural e a súa continuidade no tempo.
37 anos ininterrompidos
O certame viuse celebrando de forma ininterrompida durante os últimos 37 anos, aínda que existe constancia das súas orixes nos primeiros anos do século XX xa que se conmemoraba dalgunha maneira a visita de distintas grupos da provincia. De feito, xa en xaneiro de 1924, recóllese unha noticia en Faro de Vigo, que informaba de que “a rondalla Piñeiro verde de Bembrive acudiu a Gondomar onde foi obsequiada polo pobo e as autoridades da vila”.
A isto hai que sumar que o pleno da corporación municipal aprobou en setembro de 1983 a moción pola que se convocaba o I Certame de Rondallas de Reis e grupos folclóricos en Gondomar, cuxa celebración se mantivo desde entón anualmente, sendo imposible a súa organización neste 2021, como consecuencia da pandemia da COVID-19 e as restricións sanitarias establecidas.
- Irene Díez, ginecóloga: “La incontinencia urinaria no se soluciona con compresas, hay que acudir al médico”
- Sin fuegos artificiales ni alumbrado en las fiestas de Coia
- Hallan los cuerpos de Txell Fusté y Esteve Carbonell, desaparecidos en los Pirineos hace seis meses
- Evacuados en helicóptero una niña y un adulto de urgencia desde las Islas Cíes
- «Convivo con el dolor extremo por neuralgia del trigémino»
- «No podemos vivir el uno sin el otro», afirmaba Marisol, la víctima de Campo Lameiro
- Ni dolor de espalda ni hernia discal: los signos de alarma para sospechar de un tumor vertebral
- El instituto Rosais II logra la nota más alta de Galicia en la Selectividad