O Descenso do Miño recuperou este ano a espectacular saída dende terra, e incorporou unha nova modalidade: Paleo a pé. Nesta edición, o Descenso Internacional do Miño cumpriu 50 anos e os gañadores foron Miguel Fernández Castañón e José Julián Becerro, do Club Fluvial O Barco. Pola súa parte, o Descenso Popular do Miño cumpriu 10 anos con 400 participantes.