Un total de 21 negocios hostaleiros de Arbo foron os solicitantes das axudas municipais promovidas polo Concello para colaborar cun sector tan afectado pola crise sanitaria da COVID-19. As axudas municipais puideron cobrarse a semana pasada.

Con esta iniciativa, o Concello de Arbo complementou as achegas a este sector concedidas pola Xunta de Galicia. Arbo aportou 1.000 euros máis a cada local hostaleiro solicitante das subvencións autonómicas, de modo que o Concello destinou 21.000 euros de fondos propios a esta iniciativa.

A administración galega foi a encargada da tramitación e resolución das solicitudes, o que lle permitiu ao Concello unha maior axilización do cobro das achegas por parte dos hostaleiros arbenses.

Anteriormente, o Concello xa repartira manteis individuais de promoción e xel hidroalcólico á hostalería arbense.