Música
A muralla de pedra de Vilafría acollerá o II Sons da Canteira
Boyanka Kostova, Verto, Pongo, Mounqup, DJ Teresa Ferreiro e Os Penedillos de Atios no Porriño

Pongo sobre o escenario. | // FDV / V.P.
V.P.
Sons da Canteira é un festival de música galega organizado polo Concello do Porriño que se celebrará o sábado, 28 de agosto, na canteira en proceso de restauración de Vilafría. Esta será a súa segunda edición e contará coa actuación de catro artistas galegos e unha artista internacional da música e de videocreación.
Soará o trap galego, o flow costumista e o twerking rural de Boyanka Kostova; o pop, disco e trap de Verto; o folklore africano, a electrónica e o dancehall da lisboeta Pongo que ofrecerá en Sons da Canteira o seu único concerto en España; os sons eclécticos de Mounqup, que estreará no festival o seu novo espectáculo de gran formato, “Akelarre AVS Extended Show”; sets variados e transversais da DJ Teresa Ferreiro; e o grupo local de danza e música tradicional Os Penediños de Atios.
O escenario será moi singular, a muralla de pedra e sobre ela empregarase videomapping para que os grupos emitan as súas proxeccións.
As entradas poden mercarse na web sonsdacanteira.gal ata esgotarse. O prezo das entradas é de 24 €euros por persoa a entrada individual, mentres que en parellas será de 22 euros por persoa, para grupos de catro e seis asistentes.
Para facilitar o acceso á Canteira de Vilafría, a organización porá a disposición autobuses gratuítos. Á hora de facer a compra cada persoa poderá escoller o horario de autobús que mellor se lle axuste, xa que este será o único xeito de acceder cun vehículo ao recinto do festival.
Unha vez no recinto, a pulseira de acceso funcionará tamén como moedeiro para facer todos os pagos pertinentes durante o festival utilizando a tecnoloxía cashless. Do mesmo xeito, o festival implanta nesta edición un servizo de atención en mesa para evitar aglomeracións e desprazamentos durante os concertos.
- «Premios» contra el absentismo: la industria gallega pacta pluses de 2 euros al día o 700 al año por no faltar al trabajo
- Rescatan a un niño de 5 años que se estaba ahogando en una piscina del balneario de Mondariz
- Vecinos de Ons paralizan los primeros desembarcos del día en protesta por no poder celebrar su fiesta
- Estabilizado el incendio en Moaña junto a la Autovía do Morrazo, en cuya extinción participan dos avionetas, un helicóptero y numerosos medios terrestres
- Cangas multará de forma directa y sin actuar subsidiariamente a los propietarios de fincas sin limpiar que sean reincidentes
- Paco y Carmen, el matrimonio centenario de Nigrán que murió en unos días
- De una valla de ocho metros al «sí, quiero»: Patricia y Rubén ya son marido y mujer
- Tres centenarios al mes pasan por los quirófanos del Chuvi, nueve veces más que hace una década