As persoas participantes no proxecto Vincúlate, do Concello de Baiona, recibiron unha visita moi especial, a dun, tamén de mozos, de idades comprendidas entre os 8 e os 15 anos, que forman parte do proxecto socio educativo EncaixaT, do Concello de Tomiño. Ambos compartiron unha xornada lúdica e didáctica e os tomiñeses coñeceron o funcionamento da iniciativa posta en marcha na vila mariñeira na cal se traballan as habilidades sociais e a xestión emocional a través do cans.

Cans

Unha terapia canina mediante a cal os menores levan xa varios meses traballando a súa intelixencia e comunicación emocional e que, a maiores, leva asociado o apadriñamento dun can por cada participante do proxecto, que o adestra e o acompaña no proceso de ser acollido ou adoptado por unha familia. A día de hoxe xa son dous os animais adoptados e tres máis están en proceso de o seren.

O obxectivo de Vincúlate, do que participan unha trintena de menores de entre 9 e 17 anos, é promover a melloría das distintas funcións e concretamente das sociais, emocionais e cognitivas así como proporcionar pautas saudables de comunicación. EncaixaT é un proxecto de formación socio educativa e de apoio psicolóxico a rapaces de entre 8 e 14 anos, especialmente a aqueles en risco de vulnerabilidade.