O 6 e 7 de agosto o municipio de Mos festexará as festas na honra a San Mamede, patrón do Concello. Os actos comezarán o venres 6 a partir das 20.00 horas nos exteriores do Centro Dotacional de Torroso, co concerto “Amantes da Terra” de Andrea Pousa; previamente actuará o grupo de gaitas local Ruada de Torroso.

O sábado 7 de agosto, chegará o festivo local e con el a celebración do día grande, no que os mosenses poderán desfrutar dunha gran tradición, a das bandas de música. Será a Banda de Música Xuvenil de Torroso a encargada de amenizar ao mediodía e xa a tardiña, ás 20.00 horas, actuará a Banda de Música de Ribadumia.

E como broche de ouro, ás 21.00 horas, chegará o Concerto de Sés subvencionado na súa totalidade pola Consellería de Cultura da Xunta de Galicia a través dos Fondos de Proxectos Culturais Xacobeo 21 .