A Xunta, a través de Xestur, pon a disposicióin das empresas solo industrial no parque industrial de Arbo cun prezo de venta bonificado nun 50%.

As empresas adxudicatarias no concurso que elixan a modalidade de compravenda poderán solicitar unha prórroga antes de escriturar a parcela. En concursos anteriores o prazo máximo era só dun mes.

As empresas que se decanten pola modalidade de dereito de superficie, pagando un canon anual moi reducido que lles dea opción a compra, poderán solicitar ata tres anos de carencia para o pagamento de ese canon. Anteriormente a carencia máxima concedida era de un ano.

As empresas interesadas en facerse con solo industrial no Concello de Arbo teñen de prazo ata o 23 de marzo para presentar as súas ofertas a concurso.

Máis información na páxina web www.xesturgalicia.com. ou no teléfono 981541949.