O Concello de Ponteareas será un dos quince galegos que acollan a campaña “Únete ao reto”, promovida por Ecoembes e a Xunta. Esta campaña, que se levará a cabo ata abril, procura o fomento da reciclaxe de envases de plástico, latas e bricks.

O obxectivo do reto é que o municipio mellore a súa achega ao colector amarelo, comparado co mesmo período anterior.

Os concellos participantes que melloren, cando menos, nun 10% a súa achega ao contedor amarelo (envases de plástico, latas e briks) respecto ao mesmo período do ano pasado, conseguirán un premio dotado con 2.000, euros que terán que doar a unha causa social local.

É por isto que durante a duración do reto, as entidades promotoras desenvolveran diferentes accións informativas coa finalidade de animar á cidadanía a participar á vez que se lles ensina como reciclar mellor.

A concelleira de Medio Ambiente, Rosa Covelo, explica que “para levar a cabo unha boa separación de residuos é fundamental implicar á cidadanía. Separar correctamente en orixe implica unha maior recuperación do material a reciclar”.