O vindeiro venres 23, ás 20.00 horas, proxectarase, no centro cultural de Porriño, o film "María Solinha" contando coa presenza do director Ignacio Vilar e a actriz Grial Montes, con posterior coloquio. A actividade cultural na vila do Louro continuará, no mesmo lugar e hora, na xornada seguinte cun concerto de jazz a cargo de Rafa Fernández.

O venres día 30, ás 18.00 horas, tamén no centro cultural, a compañía de teatro Grazafelhos respresentará "As pitas baixo a choiva" de Ricardo Carvalho Calero e o sábado 31 celebrarase o Samaín con obradoiros matinais na praza do Concello e sesión de cine pola tarde.

O número máximo de asistentes nas actividades do centro cultural é de 75, que se sentarán por orde de chegada.