O Concello de Redondela veu de establecer nos últimos días a data de reanudación da súa tradicional feira que se celebra o 6 e 21 de cada mes, e que como todas as do país víronse obrigadas a suspenderse tralo estado de alarma decretado o pasado 14 de marzo. Así os postos ambulantes volverán o sábado 6 de xuño.

Agora co avance nas fases da desescalada cara á nova normalidade vanse retomando as diferentes actividades e esta é unha delas. Dende o consistorio redondelán aseguran que "se están a manter contactos coa Asociación Galega de Ambulantes e Autónomos para acordar o regreso a actividade de maneira segura. Unha distancia mínima de seis metros entre postos, luvas desbotables e xel hidroalcólico para vendedores e clientes serán algunhas das medidas a establecer", indican fontes municipais.