"Comprar en Soutomaior" nace como un directorio do comercio local deste concello onde os usuarios poden atopar os seus comercios máis próximos polo tipo de produto que venden, as súas marcas e as súas especialidades e mercar neles con tan solo un clic. Dende a casa, de maneira fácil, cómoda e segura, poderase adquirir calquera produto entre o comercio local sen necesidade de desprazarse, ou unicamente facelo para recoller a compra, pois á hora de realizar o pago ofrece a opción de recoller o pedido no establecemento ou recibilo a domicilio nun prazo de 12 a 24 horas, en función da demanda e a localización da entrega.

Así é como presentan esta iniciativa dende o Concello de Soutomaior, que facilita a incorporación dos comercios locais á plataforma dixital "Comprar en Galicia" subvencionado o 90% dos gastos. Así, o alcalde Agustín Reguera anima a todos a facer uso desta nova ferramenta "coa que podemos apoiar aos nosos veciños mercando produtos locais, pois se algo estamos a aprender desta crise sanitaria é que o comercio electrónico é unha realidade que está presente na nosa vida diaria e á que o pequeno comercio ten que sumarse".

Xa son unha trintena os establecementos que amosaron o seu interese en adherirse a esta iniciativa dixital de tenda en liña local, algúns dos cales xa están a ofrecer os seus productos a través dela.