Unhas letras de tradición e lectura

Os escolares da Illa descobren o magnetismo dos atrapasoños no Xardín das Traballadoras da Conserva e despiden a “Uxía”, a dorna que recuperaron no colexio

Unha das actividades celebradas onte no Auditorio de Vilagarcía.

Unha das actividades celebradas onte no Auditorio de Vilagarcía. / Iñaki Abella

A. G. / M.L.

A persistente choiva que onte regou toda a comarca do Salnés non supuxo un problema para que os nenos da Illa acudisen a festexar o Día das Letras Galegas con dúas actividades diferentes pero cun mesmo obxectivo: o de impulsar o coñecemento da lingua galega e das tradicións que ten un pobo como o arousán. A primeira hora da mañá, un grupo de rapaces do colexio Torre-Illa achegouse ata o magnolio do Xardín das Traballadoras da Conserva para descubrir o magnetismo que teñen os atrapasoños que se instalaron alí e que foron feitos polos propios rapaces e as súas familias. A misión destes atrapasoños será atrapar contos en galego para que os nenos os poidan ler. A maior parte dos mesmos foron elaborados polos propios alumnos, pero tamén hai un bo número que cedeu unha veciña da Illa que acostuma a colaborar sempre coa biblioteca.

As ponlas do magnolio da Illa enchéronse de atrapasoños.   | // I. ABELLA

As ponlas do magnolio da Illa enchéronse de atrapasoños. / Iñaki Abella

A segunda actividade para os nenos da Illa foi no seu patio escolar, onde había que despedir á dorna “Uxía”. A colaboración entre o colexio, a Escola de Navegación Tradicional e a Concellería de Educación que dirixe Elena Otero permitiu que os pequenos estivesen restaurando esta dorna durante os últimos meses. Eles mesmos escolleron as cores e decidiron pintarlle un arroaz mentres ían aprendendo o extenso vocabulario dorneiro.

Un momento do Festival das Letras de Vilagarcía.   | // I. ABELLA

Un momento do Festival das Letras de Vilagarcía. / Iñaki Abella

Na despedida estaba previsto que se celebrase a botadura da dorna no próximo peirao do Cabodeiro, pero unha serie de circunstancias obrigaron a que fose doutra maneira. Foi no centro do patio do colexio Torre-Illa e izando a súa vela de relinga. Ata o colexio tamén se achegaron rapaces da ESO que recolleron todo o vocabulario dorneiro para un programa de televisión, ofrecéndolles Otero a posibilidade de apadriñar unha dorna para o vindeiro curso a fin de que aprendan as tarefas de mantemento, como ocorreu cos rapaces do Torre-Illa. Hoxe a ENT, se as condicións meteorolóxicas o permiten, celebrará o tradicional inicio da tempada de navegación tradicional cuns actos que terán lugar a partires das 12.00 horas na praza do Regueiro. Desde alí desprazaranse ata O Cantiño para o bautismo de mar da propia “Uxía” e doutra dorna rehabilitada como é a “Dominga”. Os actos contarán coa presenza do grupo de gaitas e baile da asociación cultural Dorna.

Despedida da dorna “Uxía” no colexio Torre-Illa.   | // FDV

Despedida da dorna “Uxía” no colexio Torre-Illa. / FDV

A festa de Carril trasladarase ao Gato Negro se chove

En Vilagarcía os actos das Letras Galegas concentráronse onte no Auditorio municipal, donde rapaces de diferenes centros educativos renderon homenaxe a Luísa Villalta con actuacións de baile, música, teatro e recitais poéticos. Xermán Torres foi o encargado de conducir o acto. Xa pola tardiña, o Salón García acolleu a proxección da película “Matria” en colaboración co Cineclube Ádega. Con todo, a programación principal terá lugar hoxe, o propio día da efeméride. Coma en anos anteriores, Carril será o epicentro, coa ofrenda floral xunto ao busto de Rosalía de Castro a partir das doce e media do mediodía seguida dun concerto en sesión vermú a cargo de Xosé Duarte. Dende o Concello estableceron un “Plan B” si chove. Neste caso, a ofrenda floral manterase sen cambios pero as actuacións musicais celebraranse na sede do Gato Negro.

Os máis novos foron os protagonistas no Auditorio.   | // I. ABELLA

Os máis novos foron os protagonistas no Auditorio. / Iñaki Abella

Suscríbete para seguir leyendo