De escoras a xemelgas no “Dígocho eu”
Os rapaces do IES Illa amosan o seu coñecemento da dorna nas redes sociais do programa

Esther Álvarez cos rapaces que participaron no traballo sobre a linguaxe das dornas. / Noé Parga
R. A.
Grabárono hai unhas semanas e onte comezou a circular polas redes sociais do programa “Dígocho eu”. O traballo dos alumnos do IES sobre as diferentes partes dunha dorna vese plasmado nun vídeo de apenas minuto e medio, onde os rapaces vanlle explicando diferentes nomes á protagonista do programa, Esther Estévez. Esta chega á Arousa a bordo dunha dorna precisamente e, nada máis baixarse dela na Canteira do Bao atópase co que ela chama uns “paus”. rápidamente é corrixida por un grupo de mozos que se atopa alí agardando por el, que lle explican que eses paus son as escoras que suxeitan a embarcación cando está varada na praia. O resto do vídeo transcorre nas dependencias do Centro de Usos Náuticos onde os rapaces lle explican que toda a terminoloxía que se usa en torno á dorna é como unha nova linguaxe, xa que babor e estribor non existen, pois úsanse os termos meo e couso. Tamén descobren unhas pezas que van na verga da vela que se chaman xemelgas. Cano e pá (partes do remo), rizos, temón, táboa da quilla ou táboa de virar foron o resto de termos que puido aprender dos preto de 200 que recolleron os alumnos. Tamén lle explicaron a orixe vikinga da dorna e que case todas levaban o nome da muller que había na casa, desde a nai ata a filla, pasando pola muller ou unha irmá.
Esta actividade foi impulsada polo departamento de lingua galega do IES da Illa e contou coa colaboración da Concellería do Mar do Concello e da Escola de Navegación Tradicional de Dorna. O traballo presentouse ao certame que organizaba o Dígocho eu, sendo un dos seis elixidos para que se grabase un programa adicado a él.Agora haberá que agardar para ver se é elixido como un dos mellores.
Suscríbete para seguir leyendo
- Muere un lucense de 78 años en la playa de A Lanzada
- Hallan el cuerpo de un niño ahogado en Pedras Miúdas tras dos horas de angustiosa búsqueda
- «Nunca hemos querido ser un festival grande, pero sí un gran festival»
- Rías Baixas espera una cosecha sana y que incluso podría ser mayor que la de 2024
- «El Atlantic Fest es uno de los festivales consagrados por cartel y organización»
- El Atlantic Fest concede a Vilagarcía el privilegio de un evento para presumir y disfrutar
- Las procesiones del Carmen de O Grove y Carril suman más de 50 embarcaciones
- O Salnés afronta la temporada alta con lleno de turistas, aunque con estancias más cortas