As conferencias científicas, no IES Monte da Vila

Isabel Medina Méndez, que vai intervir no Grove.

Isabel Medina Méndez, que vai intervir no Grove.

M. Méndez

O Grove

A Real Academia Galega de Ciencias (RAGC) e maila Deputación de Pontevedra anuncian o comenzo do segundo bloque do “Ciclo de Conferencias Aida Fernández Ríos”, que ten como finalidade “achegar a ciencia á poboación máis nova e fomentar as vocacións científicas, así como concienciar ao alumnado de que nenos e nenas teñen as mesmas capacidades e poden chegar a ser o que se propoñan”.

Coordinadas pola catedrática de Microbioloxía da Universidade de Santiago de Compostela (USC), Alicia Estévez Toranzo, vanse celebrar cinco charlas nos institutos de Tui, Bueu, O Grove e Silleda que estarán impartidas por “mulleres das tres universidades galegas que ofrecerán ao alumnado temáticas atractivas sobre as bacterias comeplásticos, a revolución alimentaria e a intelixencia artificial, entre outras”.

“Obxectivo saúde: a revolución dos alimentos”

No caso do Grove, vai ser no IES Monte da Vila, onde se vai expor a conferencia “Obxectivo saúde: a revolución dos alimentos”, da que se ocupará a profesora do Instituto de Investigacións Mariñas de Vigo, pertencente ó Consejo Superior de Investigaciones Científicas (CSIC), Isabel Medina Méndez.

As eleccións alimentarias, xunto cos cambios climáticos, provocaron importantes variacións, a nivel anatómico e fisiolóxico, no organismo dos seres humanos

Isabel Medina Méndez

Esta investigadora, que tamén é coordinadora nacional da Área de Ciencia e Tecnoloxía dos Alimentos do CSIC, amáis de académica numeraria da RAGC, vai intervir o vindeiro 10 de nadal diante dos estudantes grovenses de primeiro e segundo de Bacharelato.

Dado que a historia da humanidade está vencellada á historia dos alimentos, Isabel Medina vai explicar que “as eleccións alimentarias, xunto cos cambios climáticos, provocaron importantes variacións, a nivel anatómico e fisiolóxico, no organismo dos seres humanos”.

El IES Monte da Vila.

O IES Monte da Vila.

Máis polo miudo, vai destacar diante dos rapaces mecos que “a abundancia de peixe e algas nas zonas costeiras, formando parte da nosa gastronomía e cultura, axudou ao desenvolvemento da capacidade cerebral nos homínidos, grazas aos seus ácidos graxos Omega 3, compoñentes do cerebro e fundamentais para a saúde humana”.

Isabel Medina sinala que nas sociedades modernas, con moitos recursos para obter alimentos con pouco esforzo, a prevalencia de malos hábitos de consumo asóciase a unha alta incidencia de enfermidades metabólicas, como a diabetes e a obesidade, e enfermidades cardiovasculares que son unha das causas fundamentais da mortalidade actual.

A abundancia de peixe e algas nas zonas costeiras, formando parte da nosa gastronomía e cultura, axudou ao desenvolvemento da capacidade cerebral nos homínidos

Isabel Medina

O cal a leva a destacar que “a evidencia científica demostra que o consumo de peixe e produtos do mar é un elemento esencial nas dietas que axudan a mellorar a saúde e previr enfermidades dun xeito personalizado”.

En canto ás demáis charlas, pódese engadir que a primeira vaise celebrar o vindeiro luns no IES Indalecio Pérez Tizón, de Tui, con participación de 25 alumnos da rama científica, tecnolóxica e biosanitaria de primeiro de Bacharelato.

A profesora e investigadora Sabela Balboa Méndez.

A profesora e investigadora Sabela Balboa Méndez.

A súa vai ser unha conferencia sobre bacterias comeplásticos que impartirá a profesora e investigadora Sabela Balboa Méndez, que sinala que as bacterias viven en todos os ambientes coñecidos, desde o polo ata o deserto, e que en cada ambiente evolucionan para ser capaces de alimentarse das substancias que atopan.

A evidencia científica demostra que o consumo de peixe e produtos do mar é un elemento esencial nas dietas que axudan a mellorar a saúde e previr enfermidades dun xeito personalizado

Isabel Medina

— Profesora de investigación do Instituto de Investigacións Mariñas e académica

Tamén destaca, según din na Deputación e maila Real Academia, que cada ano xeramos máis de doce toneladas de plásticos que acaban no mar, moitos deles microplásticos cáseque invisibles.

E “hai bacterias que son capaces de vivir sobre eses plásticos, comelos e degradalos”, sinala a encargada desta charla na que se vai amosar ós estudantes como buscar esas bacterias que poden degradar os plásticos e conseguir así unha forma de eliminalos do medio ambiente dun xeito natural. 

Amparo Alonso,  presidenta da Asociación Española de Intelixencia Artificial.

Amparo Alonso, presidenta da Asociación Española de Intelixencia Artificial.

Pola súa banda,  a presidenta da Asociación Española de Intelixencia Artificial, Amparo Alonso, vai intervir o  9 de decembro no IES Illa de Ons, en Bueu, diante de 32 alumnos de cuarto da ESO.

O seu relatorio titúlase “A intelixencia artificial non é ciencia ficción” e vai servir a Amparo Alonso Betanzos para sinalar que “a intelixencia artificial é unha revolución; a tecnoloxía que máis está a contribuír a definir a nova sociedade superintelixente do futuro”.

A intelixencia artificial é unha revolución, a tecnoloxía que máis está a contribuír a definir a nova sociedade superintelixente do futuro

Amparo Alonso

— Presidenta da Asociación Española de Intelixencia Artificial

Tamén explicará que é a intelixencia artificial e cales son os usos, metas e limitación desta tecnoloxía presente xa en calquera campo.

“A tecnoloxía é cada vez máis interdisciplinar, e a intelixencia artificial necesita para o seu desenvolvemento non só enxeñeiros e científicos, senón tamén profesionais das áreas de Humanidades, para que todos poidamos contribuír ao seu desenvolvemento”, sinala a catedrática cando asegura que esta tecnoloxía está a cambiar o emprego, a educación e a forma que as persoas teñen de relacionarse na sociedade.

A decana da Facultade de Matemáticas e profesora de Matemática Aplicada da USC, Elena Vázquez Cendón.

A decana da Facultade de Matemáticas e profesora de Matemática Aplicada da USC, Elena Vázquez Cendón.

Asemade, a decana da Facultade de Matemáticas e profesora de Matemática Aplicada da USC, Elena Vázquez Cendón, vai impartir a charla titulada “As matemáticas que pesquei na ría de Pontevedra”, o 13 de decembro, diante de 42 alumnos de primeiro de Bacharelato do IES Pintor Colmeiro de Silleda.

Neste caso para compartir co alumnado matemáticas próximas e “para un mundo mellor” presentando o proxecto “Marzo, mes das matemáticas” (http://marzomates.webs.ull.es/).

A catedrática de Inmunoloxía do Centro de Investigacións Biomédicas da Universidade de Vigo (UVigo), África González Fernández.

A catedrática de Inmunoloxía do Centro de Investigacións Biomédicas da Universidade de Vigo (UVigo), África González Fernández.

Complétase a relación coa catedrática de Inmunoloxía do Centro de Investigacións Biomédicas da Universidade de Vigo (UVigo), África González Fernández, quen impartirá o 20 de nadal a conferencia “Potencia as túas defensas: Vacínate!”, no IES Johan Carballeira de Bueu e diante de alumnos de cuatro da ESO e primeiro e segundo de bacharelato.

África González vai explicar que a vacinación é a medida preventiva máis eficaz e que serve para previr enfermidades e mortes, sinalando todo o que compre facer para desenvolver vacinas eficaces contra patóxenos como o SARS-CoV-2.

Suscríbete para seguir leyendo

Tracking Pixel Contents